Selangor
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Malaisia | ||||
| Capital | Shah Alam (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 5.411.324 (2010) | ||||
| Lingua oficial | lingua malaia Lingua xavanesa Lingua sundanesa Lingua minangkabau | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 8.104 km² | ||||
| Bañado por | Estreito de Malaca | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 1895 | ||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Sharafuddin I of Selangor (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 40000–48999 e 62000–64999 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 03 | ||||
| ISO 3166-2 | MY-10 | ||||
| Sitio web | selangor.gov.my | ||||
Selangor é un estado de Malaisia, localízase na costa oeste da península de Malaisia. Nos seus 7.956 km² viven 4.100.000 persoas, 44% malaios, 35% chineses e 18% indios. A capital é Shah Alam, unha cidade satélite de Kuala Lumpur. Selangor é unha monarquía herditaria rexida por un sultán, actualmente Sharafuddin Idris Shah que reside na cidade de Klang. Datuk Seri é o primeiro ministro (Menteri Besar)
Historia
[editar | editar a fonte]No século XV Selangor estivo gobernado por Malaca, despois da conquista de Malaca polos portugueses en 1511 Selangor os portugueses, Johor, Aceh e Siam disputáronse o territorio. No século XIX os chineses chegaron ao sultanato. En 1874 o sultán viuse obrigado a aceptar a un conselleiro británico na súa capital. En 1896 con Negri Sembilan, Perak e Pahang formou a Estados Federados Malaios, con capital en Kuala Lumpur, cidade de Selangor, que deixou de pertencer a Selangor en 1974 ao se converter en territorio federal.
