Saltar ao contido

Monocromo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monocromo
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Oposto a
Códigos e identificadores
Freebase/m/01mwkf Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2776754580 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Os termos monocromo, monocroma, monocromático e monocromática (do italiano monocromo, e este do grego μονόχρωμος monóchrōmos, composto de μονο mono -"un"- e χρωμα chroma -"cor" ou "pigmento", inicialmente "cor da pel"-) aplícanse a todo aquilo que ten unha soa cor.

Usos do termo en diversos campos

[editar | editar a fonte]
  • En arte, utilízase para referirse a unha paleta ou, por metonimia, a unha obra sobre tea, táboa ou bota, composta cunha única cor ou en branco e negro.
Véxase tamén: a cor na arte.
  • En física, utilízase máis para referirse á luz monocromática, unha radiación electromagnética dunha soa lonxitude de onda ou unha radiación que ten vibracións da mesma frecuencia.[1] Do punto de vista físico, ningunha fonte de radiación electromagnética é puramente monocromática, pois iso requiriría unha onda de duración infinita. Mesmo fontes desta radiación como os láseres teñen un pequeno rango de lonxitudes de ondas (coñecido como ancho de banda da fonte) sobre o que operan.
  • En informática, monocromo ten varios significados: pode indicar que se ten unha soa cor que está aceso ou apagado ou tamén que ten tons intermedios, polo que ten a mesma ambigüidade que branco e negro. Para unha imaxe o termo monocromo é esencialmente branco e negro, pero ás veces prefírese o termo monocromo para indicar que pode ser en realidade «branco e verde», «verde e negro», etcétera.
  • En bioloxía, reférese aos animais cunha soa cor ou tinta que os caracteriza, pero tamén aos animais de só dúas cores como monocromáticos como, por exemplo, a cebra.[Cómpre referencia]
  1. "monocromático". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2026-06-17.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]